2º EP goza dun obradoiro de galletas
A semana pasada, o alumnado de 2º EP, na clase de Matemáticas, tiveron un Obradoiro de cociña moi produtivo. Ademais de traballar a masa, adiviñaron sabores e calcularon os dobres das cantidades dos ingredientes. Como gozaron! Aínda que o mellor veu cando comeron as galletas que eles mesmos elaboraron. Estaban riquísimas. Bo traballo peques!













