Saltear al contenido principal
LISTADO LIBROS Y MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24 + INFO
3 E 4º ESO Visitan As Salinas De Ulló

3 e 4º ESO visitan as Salinas de Ulló

O mércores 15 de novembro o alumnado de 3º e 4º ESO participou nunha saída didáctica con diferentes actividades que resultaron moi enriquecedoras para o proxecto “A industria conserveira en Galicia” a desenvolver neste curso.

Na xornada matinal, no Concello de Vilaboa, a Asociación Salinas de Ulló percorreu co noso alumnado as Salinas, unha paisaxe protexida que forma parte da Rede Natura 2000. Nun entorno privilexiado trataron desde a perspectiva histórica, medioambiental e económica a importancia do proceso de produción do sal dende o século XVII así como a súa importancia na economía española e galega.

Na xornada de tarde desprazáronse ao Concello de Bueu para visitar o Museo Massó, instalado nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, no que apreciaron o patrimonio marítimo e industrial xunto a obxectos, documentos e coleccións relacionadas con outras épocas históricas. O persoal do Museo acompañou ao noso alumnado a visitar a antiga fábrica de salgadura da praia da Mourisca e familiarizarse co proceso de salazón do peixe.

Foi unha saída didáctica moi produtiva e interesante que, sen dúbida, aportará coñecemento e vivencias ao noso alumnado para o desenvolvemento do proxecto.

Volver arriba