4º ESO: Emprender é soñar, apúntaste?
O mércores 18 de marzo, o alumnado de Economía de 4º da ESO tivo a oportunidade de participar nun enriquecedor taller formativo sobre emprendemento, enmarcado no programa Empresa Familiar nas aulas.
Durante a sesión, o alumnado traballou a través da metodoloxía Design Thinking, unha ferramenta innovadora que lles permitiu desenvolver habilidades clave como a empatía, a creatividade, o traballo en equipo e a capacidade de resolución de problemas. Ao longo das distintas fases do proceso —empatizar, idear, seleccionar ideas e prototipar— os estudantes puideron poñerse na pel das persoas usuarias, identificar necesidades reais e propoñer solucións con impacto na sociedade, especialmente no ámbito da mobilidade sostible.
Ademais, o taller serviu como punto de partida para a elaboración de proxectos emprendedores que o alumnado continuará desenvolvendo nas próximas semanas, co obxectivo de participar no concurso “Emprender é soñar, ¿te apuntas?”, organizado pola Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e Afundación.
Esta experiencia resultou moi motivadora para o alumnado, que puido achegarse ao mundo da empresa e da innovación dunha forma práctica e dinámica, fomentando o espírito emprendedor e o compromiso coa sociedade.
Moitas grazas a AGEF e a Vermislab por esta fantástica oportunidade. As nosas rapazas e rapaces xa están mans á obra para continuar desenvolvendo os seus proxectos.














