Skip to content

4º ESO, finalistas da VII Ciberliga Nacional da Garda Civil

O pasado martes 17 de marzo, dende a Consellería de Educación informáronnos de que tres das nosas alumnas de 4ºESO: Alba Comesaña Gonda, Erea Romero García e Sofía Villar Lago, resultaron ser un dos dous equipos finalistas de Galicia da VII Ciberliga Nacional da Garda Civil, na cal participaron cerca de 50 centros.

A fase final celebrarase presencialmente nas instalacións da Academia de Oficiais e do Centro Universitario da Garda Civil en Aranjuez (Madrid) entre os días 21 e 23 de abril.

As actividades que realizarán os equipos que compitan na fase final serán exercicios prácticos e a realización de retos que incluirán a colaboración de varios actores clave no panorama da ciberseguridade española, como o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), entre outras entidades do sector público e empresas tecnolóxicas privadas.

Ademais de mellorar as súas habilidades en ciberseguridade, os equipos finalistas terán a oportunidade de coñecer as oportunidades profesionais que ofrece o sector da ciberseguridade, así como de gozar de divertidas experiencias coa Garda Civil.

Unha vez finalizada a competición, a clasificación final establecerase en función do número de desafíos completados e do tempo necesario para completalos.

Desexámoslles toda a sorte do mundo as nosas rapazas!

Volver arriba