Skip to content

4º de Primaria mergúllase na Reconquistiña

Este luns 23 o alumnado de 4º de primaria participou na celebración da Reconquistiña, unha versión infantil da Reconquista organizada pola asociación Casco Vello de Vigo en colaboración co Concello de Vigo e na que se conmemora a expulsión das tropas napoleónicas no ano 1809. Nesta actividade as alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de ataviarse con vestimentas de época e un pequeno grupo fíxoo de soldados franceses.

As nenas e nenos desfilaron co seu estandarte e ao ritmo dos seus tambores desde o Concello ata a Porta do Sol, lugar onde cantaron e tocaron Muiñeira de Olivera e O canciño, dúas pezas musicais que traballaron no Obradoiro de instrumentos tradicionais realizado por @Gabi_vacaloura e @juan_mckinnon_young unhas semanas antes. A festa rematou na Praza do Berbés con chocolatada e actuacións musicais. Moitas grazas a @avccascovello e @Concellodevigo por levar a diante este tipo de actividades. Desexando xa participar na edición 2027!

Volver arriba