
5º de Primaria representa a obra de teatro «Tarzán»
O alumnado de 5º de Educación Primaria sorprendeunos cunha fantástica representación da obra «Tarzán», chea de emoción, aventuras e moita creatividade.
Foron semanas de traballo intenso, esforzo constante e unha enorme ilusión, que culminaron nunha posta en escena espectacular. Cada ensaio, cada decorado, cada detalle… todo foi preparado con moito agarimo e dedicación.
Parabéns a todos e todas por este marabilloso proxecto! Estamos moi orgullosos/as de vós!