8 de marzo: Día Internacional de la Mujer
Hoy, 8 de marzo, con motivo del Día Internacional de la Mujer, los estudiantes del Colegio Losada llevaron a cabo diversas actividades con el objetivo de reconocer la importancia de la igualdad de género y honrar el papel fundamental de las mujeres en nuestra socieda.
Educación Infantil
Hoy 8 de marzo es un día para conmemorar a todas las mujeres valientes, fuertes, libres, triunfadoras….
Este año los peques, a través del cuento “Daniela la pirata”, conocieron a su protagonista. Una niña intrépida y soñadora que no dejó de luchar por su sueño.
Educación Primaria
Los estudiantes de primaria crearon un fantástico mural en honor a mujeres extraordinarias que no solo ganaron el Nobel, sino que también inspiraron con su valía y dedicación.
ESO
Hoxe 8 de marzo, día internacional da muller, e relacionado co proxecto “A industria conserveira en galicia” tivemos o privilexio de contar coa presenza no noso colexio de Dolores Álvarez Cancelas, Presidenta da asociación de mariscadoras de Moaña e Vicepatrona mayor da cofradía de pescadores de Moaña. Unha muller cunha longa traxectoria no mundo do marisqueo e que aparte de ser unha traballadora incansable, tamén custodia coñecementos e tradicións que nos transmitiu ao longo da súa charla dunha maneira cercana e precisa.
Dolores contounos como foron os seus comezos, tanto como mariscadora como cando empezou a formar parte da directiva e finalmente chegou a ser a presidenta da asociación de mariscadoras, como foron cambiando as cousas, dende a falta absoluta de normativas e leis que regulasen o marisqueo ata a actualidade.
Tamén mostrounos exemplos das especies que se marisquean en moaña, a ameixa xapónica, o berberecho e a navalla, que sembran e teñen que esperar arredor de 2 anos para que alcancen o tamaño mínimo permitido para poder vendelos na lonxa. Este traballo trátase da recoleción de mariscos dunha forma sostible e cun profundo respeto polo ecosistema mariño e os seus ciclos naturais.
Dolores tamén tratou os desafíos ós que se enfrenta o marisqueo na actualidade: a sobreexplotación, a contaminación e o cambio climático ameazan a saúde dos nosos océanos e a sostenibilidade das actividades pesqueiras. Polo tanto, é fundamental promover prácticas de pesca responsables e traballar xuntos para protexer e conservar este tesoro natural que é o mar de Galicia.
En resumo, esta charla con Dolores deunos unha perspectiva única sobre o marisqueo, unha actividade que vai moito máis alá da recoleción de mariscos; é unha forma de vida arraigada na historia e na identidade de nosa rexión e que sen estas mulleres traballadoras incansables e de carácter a nosa comunidade non sería o que é hoxe.