Skip to content

Cantando e rimando: iniciación á regueifa en 5º e 6º

O pasado venres 20 o alumnado de 5º e 6º de primaria coñeceu da man de Pinto d’Herbón y Luís Caruncho a arte da regueifa, unha forma de improvisación oral que mestura o canto e o uso da lingua galega.

O alumnado aprendeu a elaborar a súas propias regueifas a través da súa melodía pegadiza, así como a buscar a rima que mellor lle conven para conseguir gañar ao seu contrincante. 

Este obradoiro foi promovido polo Servizo de Normalización Lingüística/ Concellería de Normalización do Concello de Vigo e ten como obxetivo preparalos para o Certame Escolar de Regueifas, un concurso dirixido ao alumnado da ESO. 

 

Volver arriba