Saltear al contenido principal
Jornadas Puertas Abiertas Curso 2023-2024 + INFORMACIÓN
Estrenamos Servicio Comedor Y Madrugadores

Estrenamos Servicio Comedor y Madrugadores

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2022-23

Comunicamos ás familias que a partir do 9 de xaneiro de 2023 comezará o servizo de comedor escolar.
O servizo de comedor será atendido polo persoal do Centro, quen coordinará as entradas e saídas do comedor e vixiará os patios e instalacións.
A empresa ARUME será a encargada de subministrar o menú escolar. Achegamos a través da plataforma do Centro, dossier informativo da empresa.
O servizo de comedor funcionará desde o 9 de xaneiro ata o 21 de xuño. O horario do servizo de comedor será de 14:30 a 16:00 horas, agás os mércores para o alumnado da ESO e o que asiste a clases de cociña que será ata ás 16:30 horas.
O servizo constará de dous pratos, postre, pan e auga.
O menú mensual publicarase e enviarase ás familias con antelación a través da páxina web do centro, e a plataforma co fin de facilitar ás familias a preparación do resto das comidas.
Se algún alumno ou alumna ten alerxias alimentarias deberá comunicalo no momento da inscrición e achegar informe médico.
O servizo de comedor realizarase no Edificio Principal. O alumnado de E. Infantil virá camiñando ata o edificio principal acompañado por persoal do Centro.

As familias recollerán aos alumnos/as pola porta do ximnasio entre as 15:30 e 16:00 horas

PREZOS SERVIZO COMEDOR

Os prezos do comedor serán os seguintes:
– Importe por alumno/a (4 ou 5 días fixos á semana)…….. 120,00 € (recibo mensual)
– Importe alumnado que asista ao comedor 4 ou 5 días a semana, nos meses de
setembro, decembro, semana santa e xuño……………… 90,00 €
– Importe por alumno/a (3 días fixos á semana)………….. 90,00 € (recibo mensual)
– Importe días soltos ………………………………………………….. 7,00 € (aboarase o mesmo día)

Os recibos mensuais do comedor se facturarán xunto co recibo do Colexio, con antelación, aprincipio de cada mes.

O alumnado que utilice o servizo días soltos deberá comunicalo en Secretaría o día anterior eabonar o custe do menú.

INSCRICIÓN SERVIZO COMEDOR:

Antes do 21 de decembro, o alumnado que desexe utilizar o servizo mensual de comedor a partir do mes de xaneiro, deberá entregar a folla que se achega nesta mensaxe ou ben solicitala
previamente, na Secretaría do centro.
Recordamos que o servizo de comedor de días soltos, deberán avisalo sempre mínimo con un día de antelación. O alumnado que o vaia a utilizar o luns 9 de xaneiro, deberá comunicalo antes do
21 de decembro, xa que o Centro estará pechado polas vacacións de Nadal

FUNCIÓNS E NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR

O comedor do Centro é un elemento educativo e ten como obxectivo primordial contribuír ao proceso de formación integral do alumnado creando hábitos sanos de alimentación, hixiene e
bos modais, ademais de fomentar a colaboración e boa relación cos compañeiros.

No comedor deben cumprirse entre outras as seguintes normas de convivencia e comportamento:
-O alumnado deberá acudir ao comedor limpo e aseado.
-O alumnado terá un trato correcto co persoal do comedor dirixíndose a eles coas normas xerais do centro e en ningún caso de forma esixente ou desconsiderada.
-Non estará permitido sacar fóra do comedor ningún tipo de alimento.
-O alumnado que non cumpra as normas de comportamento, poderá ser privado do servizo de comedor.

Volver arriba