Skip to content

As voces da ESO do Colexio Losada dan vida a Begoña Caamaño

Co gallo do Día das Letras Galegas, o alumnado da ESO participou nun proxecto moi especial: a creación dun podcast no que recrean unha entrevista ficticia a Begoña Caamaño, homenaxeada este ano.

A través das súas voces, o alumnado mergullouse na vida e na obra da autora, combinando creatividade, investigación e expresión oral para achegar a figura de Begoña Caamaño ás novas xeracións.

Un traballo cheo de ilusión, talento e amor pola lingua e cultura galega. ¡Parabéns a todo o alumnado participante!

Volver arriba