O fin de curso máis refrescante!
Menuda mañá de diversión e risas pasamos na festa de Educación Primaria! Os nosos nenos e nenas demostrárono todo dándoo o cen por cen en cada actividade.
Tivemos de todo para despedir o curso coma se merece:
- Gymkanas e xogos onde demostraron ser un auténtico equipo.
- Maquillaxe cheo de cor e creatividade.
- Zumba para mover o esqueleto e recargar as enerxías ao ritmo da música.
- E o gran momento final… ¡A gran festa do auga! A mellor forma de refrescarse e terminar o día con moitísimas risas.
Pasámolo en grande e creamos recordos inesquecibles. Grazas a todos por facer deste día unha xornada tan especial!












