Saltear al contenido principal
LISTADO LIBROS Y MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24 + INFO
Final III Edición Concurso Ciberseguridade

Final III Edición concurso Ciberseguridade

E por fin chegou o gran día, e o alumnado de 2ºESO acompañados da súa profesora de tecnoloxía e a profesora de XXX acudiron puntuais a súa cita coa Ciberseguridade na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Saíron moi entusiasmados do colexio para chegar as 9 horas da mañán e encontrarse nunha mesa redonda co presidente da Xunta de Galicia, Don Alfonso Rueda.

Os noso centro acadou un estupendo terceiro posto! Os representantes do alumnado, Inés Otero e Álex Bao Rodríguez fixérono marabillosamente e respostaron con rapidez e decisión as seis ciber preguntas plantexadas por Telefónica e presentadas con moito humor por @estherestevez presentadora de Dígocho Eu. Ademais, outro alumno, Lois Elortondo, plantexou ao Conselleiro de Facenda, con moita soltura días interesantes preguntas. Noraboa rapaces e rapaces!

 

Volver arriba