Skip to content

Finalistas do Concurso Dígocho Eu

Os nenos/as de 5ºEP están de noraboa!

O traballo deles co seu mestre de Galego, Rubén, conseguiron ser finalistas do concurso da CRTVG Dígocho Eu. Agora recibirán en febreiro ao equipo de gravación e maila súa presentadora Esther Estévez para gravar o vídeo que competirá por gañar o concurso.

Toca traballar na nosa idea, mellorala e desfrutar da marabillosa experiencia que imos ter ao gravar cun equipo profesional de televisión, recibir a visita do Dígocho Eu… e despois, intentar gañar! Pase o que pase… para nós, son os gañadores!

Volver arriba