Xornada de Atletismo do Deporte Escolar no IFEVI
Os nenos/as de 5ºEP participaron nas Xornadas de Atletismo do Deporte Escolar no IFEVI. Participaron en probas como 60m, 500m, vórtex, remudas e lanzamento de peso. Quedaron segundos entre 6 colexios, pero sen dúbida o mellor foi a experiencia de participar todos xuntos como equipo; divertíronse e animáronse os uns aos outros.
É que a clase de 5ºEP cando se une é FORMIDABLE.