Skip to content

25 N. Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

O venres 24 de novembro o alumnado de 3º ESO participou no evento organizado polo Concello, no auditorio Mar de Vigo, con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Tendo como eixo o lema “Non máis violencia por ser muller”, o noso alumnado visitou a feira educativa instalada no vestíbulo do Auditorio e asistiu a diversas accións formativas sobre micromachismos ou violencia sexual na mocidade. O acto rematou cunha actividade conxunta de todos os centros educativos que contou coa presenza do Alcalde de Vigo.

Un ano máis, o noso centro formou parte activa do programa EnlazaVigo realizando un conxunto de accións formativas para que as novas xeracións se impliquen na construción dunha sociedade xusta e igualitaria.

Back To Top