Skip to content

3, 2, 1… Telecuarto!

Despois de moito esforzo, creatividade e, sobre todo, moito talento en galego, xa están listos os tres programas de TeleCuarto. Un proxecto onde a metodoloxía STEAM e a nosa Lingua Galega se dan a man para amosar que os nenos e nenas de 4ºEP teñen moito que contar.

Como naceu esta aventura de 3 programas? 

  • Paso 1: As súas propias ideas. Primeiro, os nenos e nenas puxeron sobre a mesa os seus intereses. ¡Aquí ninguén lles ditou de que falar!
  • Paso 2: Guionistas por un día. Eles mesmos encargáronse de escribir os guións (cun pequeno retoque do profe para que durasen un chisco máis, que se lles deixa… ¡fan un informativo de 24 horas!
  • Paso 3: ¡Ao croma! Cun despliegue digno de profesionais da TV, puxéronse diante dos focos e a maxia do croma fixo o resto.

🎶 Mención especial á Música: Non vos perdades a sintonía do terceiro programa. Ritmo, identidade e moito orgullo do noso.

Desfruten do futuro da nosa televisión. ¡Estes pequenos son uns auténticos profesionais da comunicación!

 

 

Back To Top