skip to Main Content
Plan Covid-19 curso 2020-2021. + INFORMACIÓN
Colexio Losada: Estamos De Aniversario!

Colexio Losada: Estamos de aniversario!

Hoxe é un día moi especial en Losada, cumplimos 55 años. Durante todo este tempo fomos crecendo e aprendendo xuntos, evolucionando e adaptándonos aos novos tempos da man. Son moitos os alumnos e alumnas, mestres e mestras, e outras persoas que coidaron do noso colexio durante todos estes anos, que forman parte da nosa historia e das nosas inesquecibles lembranzas. Aínda que pasou moito tempo, en Losada seguimos coas mesmas ganas e ilusión do primeiro día.

Fomos crecendo xuntos e tamén viaxamos a outros países para aprender diversas metodologías de ensinanza e mellorar día tras día os nosos métodos. Durante anos tivemos a oportunidade de vivir moitos grandes momentos, visitando outras escolas de Europa grazas a proxectos como Erasmus e crecendo de xeito internacional introducindo metodoloxías innovadoras e novas asignaturas como STEAM.

A pesar de que nestes intres as nosas aulas, os nosos corredores o noso patio están baleiros, sentímosvos máis preto que nunca, porque seguimos a aprender na distancia e superando xuntos as adversidades. Desde o Colexio Losada queremos agradecer a tódalas persoas que formades parte do noso centro, porque sen vós non teríamos chegado ata aquí. Este ano a celebración vai ser ben diferente, mais estivemos traballando nestas últimas semanas para regalarvos este video, feito entre todos nós. Esperamos que vos guste!

Back To Top