5º de Primaria explora a biblioteca Neira Vilas
Os alumnos e alumnas de 5o visitaron a biblioteca Neira Vilas. Ademais de aprender sobre o funcionamento da biblioteca desfrutamos dunha actividade sobre o mar. Escoitamos historias fascinantes sobre os fondos mariños, e descubrimos cousas moi interesantes como as criaturas que habitan na Fosa das Marianas. Para rematar, fixemos unha maqueta do océano, con moitas especies mariñas.
