Skip to content

Admisión de alumnado Curso 2026-2027

Prazos, documentación necesaria e información de interese.

Prazo de presentación

Do 1 ao 20 de marzo de 2026
(ambos incluídos)

Solicitude presencial

Entregar en la secretaría del Centro
Formulario ED550B

Solicitude telemática

Solicitude telemática
Aplicación Admisión Alumnado Xunta

FASE SOLICITUDE DE ADMISIÓN

A presentación de solicitudes pódese facer mediante a presentación física do Formulario ED550B cuberto ou a través da Aplicación da Consellería de Educación.

O formulario de solicitude de admisión Formulario ED550B pode cubrirse no ordenador, imprimirse e entregarse na Secretaría do Centro ou ben ser recollido xa impreso na Recepción do Colexio. En ambos casos é necesario achegar a documentación requirida.

Normativa e documentos de interese

A normativa sobre admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos está regulada polas seguintes disposicións:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Calendario de admisión

  • 1-20 de marzo: Solicitude de admisión mediante a presentación do Anexo II e Anexo II-bis (modelo ED550B) no centro solicitado no primeiro lugar de preferencia.
  • 21 marzo – 7 de abril (ambos incluídos):  Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de houber maior número de solicitudes que de prazas ofertadas).
  • 27 de abril: publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas.
  • Do 28 ao 30 de abril: reclamacións ás listaxes provisionais.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.
  • A partir do 15 de maio: Adxudicación subsidiaria de praza noutro centro ao alumnado non admitido (por parte da comisión de escolarización, teniendo en cuenta os centros solicitados no modelo ED550B no 2º lugar e seguintes).

Zona asignada

FASE SOLICITUDE DE MATRICULACIÓN

  • Do 20 da o 30 de xuño – Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria
  • Do 23 de xuño ao 7 de xullo – Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato

¿Tes algunha dúbida ou pregunta?

Back To Top