skip to Main Content
Abierto el plazo de solicitud FONDO SOLIDARIO y AYUDAS PARA LIBROS DE TEXTO Y MATERIAL ESCOLAR 2023-2024 + INFO

Admisión de alumnos. Curso 2022-23

PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Do 1 ao 21 de marzo. As solicitudes de admisión entregaranse na Secretaría do Centro.

CIRCULARES DE ADMISIÓN:

Na parte inferior desta páxina atopará nuns menús despregables toda a información relativa ao proceso de admisión de alumnos: Normativa, calendario e prazos, baremación, listaxes etc.

A normativa sobre admisión de alumnos en centros docentes sostidos con fondos públicos está regulada polas seguintes disposicións:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Ver decreto →
  • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado. (DOG 15/03/2013). Ver orde →
  • Orde pola que se modifica o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de bacharelato. (DOG 01/02/2017). Ver orde →
  • Orde pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. Ver orde →

A presentación de solicitudes pódese facer mediante presentación dun formulario físico cuberto ou ben de forma telemática na aplicación da Consellería de Educación:

FORMULARIO FÍSICO (ED550B):

Formulario de solicitude de admisión. Pode descargalo e cubrilo no ordenador, imprimilo e entregalo na Secretaría do Centro ou ben recollelo xa impreso na Recepción do Colexio. Nas dúas opcións teñen que adxuntar a documentación requerida.
Documentación a presentar →
Descargar formulario galego →

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA:

A través da aplicación informática: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

No menú: 2 Solicitudes – 2.2 Admisión – 2.2.2 Crear solicitude de admisión.

Back To Top