
Asistimos a Feira da Educación das Ensinanzas Artísticas e Profesionais
O martes día 14 os alumnos de 3º e 4º da ESO acudimos á VII edición da Feira dá Educación dás Ensinanzas Artísticas e Profesionais que se celebrou no Audiotorio Mar de Vigo.
Nela puidemos coñecer a ampla oferta de ciclos medios e superiores, formación técnica e universidades, en diferentes sectores como moda, administración, deseño gráfico, deseño de interiores , idiomas, imaxe e son, actividades físicas e deportivas, gemología, traballo social, dereito, xoiería, interiorismo, enxeñería enerxética, esgrima ,música, educación infantil e historia da arte, entre outras.