Skip to content

Avanza o noso proxecto “Dúas xeracións, mil historias”

Na materia de Proxecto Competencial de 3º de ESO, estamos a vivir unha experiencia única de aprendizaxe intergeneracional.

Hoxe tivemos unha visita moi especial: Patricia, animadora sociocultural da residencia DomusVi Barreiro (Vigo), veu ao noso colexio para darnos unha charla superinteresante.

Patricia explicounos en que consiste o seu labor diario, que estudos realizou para dedicarse a isto e como é a rutina das persoas residentes: os seus horarios e as diversas actividades que realizan para manter o corpo e a mente activos (obradoiros de pintura, xogos, sesións de orientación á realidade…). Ademais, destacounos a gran importancia que ten a música, tanto para motivar e animar o día a día como para acompañar dun xeito especial moitos dos obradoiros.

Tras esta charla, estamos superilusionados pola visita que lles imos facer moi pronto á residencia. Temos moitísimas ganas de coñecer en persoa as persoas residentes, compartir historias e pasar un rato inesquecible con elas!

Moitísimas grazas a Patri polo seu tempo, o seu agarimo e por inspirarnos tanto! Xestos coma o teu fan que este proxecto sexa aínda máis especial.

Seguimos unindo xeracións e historias!

Back To Top