Skip to content

Aventureiros do mar! 4º primaria visita Conxemar

Que día tan cheo de aprendizaxe, cociña e sabor! O alumnado de 4º de Primaria gozou dunha xornada inesquecible da man de Conxemar, quen nos guiou nunha visita espectacular para coñecer a fondo o motor da nosa cidade: o Porto de Vigo e mailos peixes/mariscos que se pescan.

Durante a actividade, os nosos pequenos e pequenas convertéronse en auténticos expertos mariñeiros:

  • Descubriron o funcionamento do porto e como chega o peixe dende o mar ata as nosas mesas.
  • Aprenderon a identificar as distintas clases de mariscos e peixes que habitan na nosa marabillosa Ría de Vigo.
  • ¡Mans á obra! Para rematar da mellor maneira, puxéronse o sombreiro de chef para cociñar e degustar un menú de primeira: peixe espada, lagostinos e merluza. Estaba todo riquísimo!

Ademais, ninguén se foi coas mans baleiras. Como recordo desta súper experiencia, cada un levou para a casa un kit de auténtico profesional do mar: !un mandil, unha neveira portátil e uns calcetíns chulísimos!

Back To Top