skip to Main Content
Dúas Alumnas Do Colegio Losada, Bolseiras Pola Fundación Amancio Ortega

Dúas alumnas do Colegio Losada, bolseiras pola Fundación Amancio Ortega

As nosas alumnas Laura E. G. e Laura F. G. de 4º da ESO obtiveron unha bolsa da Fundación Amancio Ortega para o próximo curso escolar 2019-2020 no que cursarán 1º de Bacharelato nun instituto de Canadá ou Estados Unidos. O programa convocou este ano 600 prazas para toda España e dese total, 100 prazas estaban dirixidas exclusivamente para colexios e institutos de Galicia.

As nosas alumnas, tras superar con éxito a proba escrita na que avaliaron as súas competencias en inglés e unha entrevista persoal no mesmo idioma, foron seleccionadas para gozar o próximo curso desta gran experiencia.

Este proxecto púxose en marcha pola Fundación Amancio Ortega co obxectivo de facilitar aos estudantes de institutos e colexios españois unha inmersión lingüística e cultural completa e real no estranxeiro, por iso a bolsa cobre os gastos; viaxe, taxas de escolarización e matrícula nun instituto público, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, convalidación do ano académico e apoio continuado nos dez meses da estancia.

Back To Top