Skip to content

Procura do tesouro de 2ºEP

Os peques de 2º EP recibiron a visita do pirata Kaxiano, quen deixou o seu rastro en forma de enigmas, pistas e retos que deberían seguir e resolver en equipos cooperativos para atopar un misterioso tesouro.

E finalmente descubrírono.!! Entre parte dos lingotes de ouro, o pirata Kasiano deixou uns marcapáginas personalizados para cada un dos integrantes da procura xa que é un gran amante da lectura e quería axudar aos nenos e nenas de 2º EP a que tamén o fosen.

Parabén aventureiros e aventureiras, sodes uns exploradores con gran enxeño e valentía!

Back To Top