skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Cambiamos O Noso Uniforme Escolar!

Cambiamos o noso uniforme escolar!

Evolucionar é progresar. Este ano, quixemos cambiar o uniforme dos nosos alumnos, e estamos seguros de que lles vai gustar moito!

A partir del curso 2020-2021, haberá un novo uniforme / equipación deportiva e novo mandilón. Será un cambio progresivo para que todo o mundo teña tempo a adquirilo e, de este modo, esté totalmente implantado no curso 2022-2023. A partir de setembro será obligatorio para todas as familias de nova incorporación, pero desde este momento xa poderá ser tamén adquirido voluntariamente por quen queira facelo.

As familias poderán adquirilo no centro comercial El Corte Inglés de Vigo. Aquelas que decidan continuar co uniforme actual, informámoslles que haberá un desconto nesas prendas ata liquidar existencias, no establecemento Brais sport, Rúa de Sanjurjo Badía, 110, Vigo.

 

Cómo será o novo uniforme?

Uniforme diario:

Chándal (formado por polo tipo rugby e pantalón longo ou legging), polo de manga longa ou curta e nos meses de primavera-verán, opción de pantalón curto.

Equipación deportiva: 

Chándal (formado por polo tipo rugby e pantalón longo ou legging), camiseta  e posibilidade de pantalón curto nos meses de primavera-verán.

 

Obligatoriedade da uniformidade por cursos

INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA

Os alumnos/as de E. Infantil vestirán diariamente o uniforme escolar composto de chándal (formado por polo tipo rugby e pantalón longo ou legging), polo de manga longa ou curta e pantalón curto nos meses de primavera-verán. Nas clases utilizarán o mandilón escolar.  Non comprarán a camiseta da equipación deportiva. As prendas deberán ter o seu nome e levar unha cinta para colgar na percha.

 

3º DE ED. PRIMARIA

Os alumnos/as vestirán diariamente o uniforme escolar composto de chándal (formado por polo tipo rugby e pantalón longo ou legging), polo de manga longa ou curta e nos meses de primavera-verán, opción de pantalón curto. Non utilizan o mandilón escolar e poden traer  a camiseta da equipación deportiva, para as clases de E. Física. As prendas deberán ter o seu nome e levar unha cinta para colgar na percha.

 

DE 4º DE PRIMARIA A ESO

Non teñen obligatoriedade de levar o uniforme escolar diario pero sí o chándal regulamentario para Educación Física.

Back To Top