Charla a 2ª ESO sobre identidade dixital e redes sociais
As Redes Sociais están no noso día a día e no dos nosos mozos e mozas, e é por iso que desde o colexio queremos capacitar ao noso alumnado no uso responsable, seguro e proveitoso das Tecnoloxías da información e a Comunicación (TIC). Aproveitando o programa “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”, os nosos alumnos e alumnas de 2ºESO recibiron unha charla impartida por unha especialista da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Ao longo deste coloquio tratáronse temas de actualidade como a identidade dixital, o uso das redes sociais, o código de conduta na rede etc. O noso alumnado participou de maneira activa nesta charla-taller e sacaron moitas conclusións interesantes e importantes para mellorar o seu comportamento na internet.
