Charla hábitos saudables: alimentación e deporte
O pasado xoves 1 de xuño tivo lugar unha charla-coloquio sobre deporte e saúde como parte do proxecto interdisciplinar que está a levar a cabo o noso alumnado de 3º e 4º ESO. O doutor Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta e ata hai pouco da selección española absoluta de fútbol, relatounos a súa dilatada experiencia profesional a través das súas vivencias persoais centrándose na alimentación e exercicio físico. Foi moi enriquecedora tanto pola visión do deporte de elite como polos consellos de vida sa que nos transmitiu, destacando a proximidade e profesionalidade que o doutor mostrou en todo momento.







