Skip to content

Charla sobre Europa aos estudantes de 4ºESO

O mércores 21 de febreiro recibimos a visita de Álvaro, antigo alumno do colexio, e da súa compañeira Melisa, que ofreceron unha interesante charla sobre Europa ao noso alumnado de 4ºESO. Faláronnos sobre as orixes e historia da Unión Europea, os seus beneficios directos, a participación activa, xa sexa mediante o noso voto nas eleccións que se celebran ao parlamento Europeo ou ben achegando suxestións. Convidáronnos a formar parte do Equipo Europa e faláronnos dalgunhas das súas iniciativas como: foro x o futuro da UE, unha árbore por Europa, voluntariado europeo etc. Calquera mozo de entre 14 e 30 anos pode formar parte, se estás interesado podes apuntarche no seguinte link.

EQUIPO EUROPA

 

Ademais animáronnos a participar na fase autonómica da Olimpíada sobre a Unión Europea que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo 15 de Marzo.

Grazas Álvaro e Melisa polo voso tempo e dispoñibilidade!

Back To Top