Charla sobre seguridade viaria aos alumnos de 5º EP
O xoves 9 de novembro os alumnos/as de 5º de E.P. recibiron unha sesión formativa por parte de Pilar e Pablo, da policía local de Vigo. Nesta charla os nenos e nenas aprenderon, cunha metodoloxía baseada na experimentación e no pensamento útil, que se poden previr os sinistros viarios e que entre todos podemos mellorar a convivencia cidadá.
