Skip to content

Charla-taller Haters & Lovers en 1º e 2º de ESO

Arrincamos o ano académico na materia de Tecnoloxía e Dixitalización nos cursos de 1º e 2ºESO coa charla-taller Haters & Lovers impartida por Ana da Fundación Alborada.

Haters & Lovers é un programa que nace coa intención de sensibilizar, previr e realizar unha detección precoz da violencia entre nenos, nenas e adolescentes. É preciso visibilizar esta nova realidade, para concienciar a mocidade, as familias e ós profesionais da educación e da docencia e todos aqueles axentes sociais que interveñan dun xeito ou otros na sua vida, fomentando as relacións de BO TRATO, facilitando ferramentas e mostrando que existen outras formas de relacionarse.

Esperamos que estes talleres sexan de proveito para todos. Grazas Ana polo teu tempo!

#FundaciónAlborada #haters&lovers #TeDi #1ESO #2ESO #CPRPlurilingüeLosada

Back To Top