Chegou o Entroido ao Colexio Losada
O noso Colexio Losada transformouse nun auténtico desfile de cor, imaxinación e alegría. Superhéroes, personaxes fantásticos, profesións soñadas e disfraces moi orixinais encheron as aulas e os corredores de risas e bo humor.
Educación Infantil
Durante esta semana confeccionamos unha máscara de “Peliqueiro” e, seguindo as tradicións galegas, os grandes chefs elaboraron unhas filloas que estaban deliciosas.
O venres pechamos a celebración do Entroido cunha festa chea de xogos, baile e concurso de doces.














