
O Colexio Losada segue o curso traballando desde casa
A situación actual que atravesamos co COVID-19 supuxo que, en pleno curso académico, todo o noso alumnado teña que continuar cos seus estudos desde os seus fogares. O noso equipo docente tivo que preparar en tempo récord un novo calendario de actividades e contidos, adaptados ás novas tecnoloxías, para que o noso alumnado poida estudar e continuar desenvolvendo as súas actividades do mellor xeito posíbel.
As alumnas e alumnos do Colexio Losada adaptáronse perfectamente á nova rutina escolar, mantendo o contacto con seus mestres e mestras, continuando con nuevos proxectos e actividades para seguir aprendendo e adquirindo novas competencias no seu novo día a día.
Moito ánimo a todos, xa queda menos para estar máis preto!