skip to Main Content
Plan Covid-19 curso 2020-2021. + INFORMACIÓN
Como Foi A Volta Ao Cole En Losada?

Como foi a volta ao cole en Losada?

Fai tan só unha semana recibimos de novo con máis ganas e ilusión ca nunca ao noso alumnado. Os máis pequenos e tamén os primeiros cursos de Educación Primaria comezaron as clases o pasado 10 de setembro. A volta para 1º e 2º da E.S.O está programada para o vindeiro mércores 23 de setembro. Mentres tanto, o alumnado de 3º e 4º da E.S.O volverá de novo ás aulas os días 24 e 25 de setembro respectivamente. Como ben di o refrán, “despaciño e con boa letra” e así está a ser a nosa volta, de forma gradual para que os nosos alumnos e alumnas se vaian adaptando pouco a pouco á nova rutina.

Para facer a volta segura para todos, ademais das medidas ante o COVID-19 para as que elaboramos un documento que podedes consultar aquí, cambiamos algúns espazos para aumentar o número de aulas, onde ademais separamos as mesas. Nos corredores instalamos unhas marcas indicativas para gardar as distancias entre nós. Tamén distribuímos polo centro dispensadores de xel hidroalcohólico, algo que non podía faltar para manter as nosas mans desinfectadas en todo momento.

A continuación, deixámosvos unhas imaxes para ensinarvos como foi a volta dos nosos pequenos e pequenas e tamén para amosarvos como quedou o centro tras as novas modificacións. Desde o Colexio Losada desexámosvos unha FELIZ E SEGURA VOLTA AO COLE!

 

Back To Top