De Vigo a Catania: unha semana de innovación educativa
A semana pasada, as profesoras Ángeles González, Marta González e Celia Lozano participaron nunha enriquecedora experiencia de *job shadowing* no Instituto Comprensivo Giovanni XXIII, pertencente á rede de escolas “Scuola Senza Zaino”, en Acireale, Catania (Sicilia, Italia).
Unha oportunidade para observar boas prácticas educativas, intercambiar coñecementos e fortalecer a cooperación internacional no ámbito académico. Unha experiencia que contribúe ao desenvolvemento profesional e académico.








