skip to Main Content
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
Descobre A Metodoloxía Flipped Classroom

Descobre a metodoloxía Flipped Classroom

Algúns dos nosos profesores xa se están a formar na metodoloxía Flipped Classroom. Por que resulta tan interesante para moitos países este método de aprendizaxe?

Flipped Classroom, tamén chamado “metodoloxía da clase invertida”, consiste en fomentar o estudo fóra da aula mediante videos e outro contido para así mellorar o estudo nas escolas. Como o alumno invirte tempo na casa, as clases aprovéitanse para interactuar, compartir resultados ou dúbidas e mellorar a consolidación de conceptos grazas á presenza do profesor.

En qué se diferenza do método tradicional? Con esta imaxe entenderalo mellor:

 

Ademais, ten moitísimas vantaxas:
– Interación entre alumnos e profesor
– Maior memorización de contidos
– Maior grado de personalización
– Desenvolvemento de competencias de forma individual
– Máis tempo para plantexar e resolver dúbidas

En Colexio Losada, o noso profesor J. Carlos Pérez estivo en Florencia realizando un curso sobre Flipped Classroom dentro do proxecto “Camino a Finlandia: tercera etapa” de formación europeo que estamos levando a cabo no centro e que está cofinanciado polo Programa Erasmus+ da Unión Europea.

Sen dúbida, unha experiencia realmente enriquecedora e interesante!

Back To Top