skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Día Da Nena E A Muller Na Ciencia

Día da nena e a muller na Ciencia

Como cada 11 de febreiro, desde o ano 2015, celébrase o Día da Nena e a Muller na Ciencia, este día busca visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM creando así referentes femininos para a infancia de maneira que contribúan á elección destas áreas nas súas carreiras profesionais.

No Colexio Losada contamos coa presenza de dúas científicas traballadoras da Fundación Biomédica Galicia Sur (@IISGaliciaSur), que nos deron unha fantástica charla na cal quedou patente o extenso labor científico e de investigación das mulleres ao longo da historia, tamén compartiron a súa experiencia vocacional persoal, explicáronnos como funciona un centro de investigación e en que consiste o traballo dunha científica. Pero sobre todo dixéronnos que SI SE PODE, que sigamos traballando e ilusionandonos. Moitas grazas polo voso testemuño!

Back To Top