Dous días inesquecibles na Granxa Kiriko!
O noso alumnado de 1.º e 2.º de Educación Primaria gozou dunha fantástica excursión de fin de curso rodeados de natureza, animais e actividades ao aire libre. Aprenderon de forma divertida sobre a vida na granxa, participaron en obradoiros e compartiron momentos cheos de risas, compañeirismo e novas experiencias.
Grazas a todo o equipo da Granxa Kiriko pola súa acollida e por axudarnos a pechar o curso dun xeito tan especial. Levamos connosco grandes recordos e moitos sorrisos.










