skip to Main Content
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO

Información xeral

Ensinanzas Colexio Losada Educación Infantil

  • Educación Infantil
  • Educación Especial

Horario escolar

De luns a venres:
Ed. Infantil de 9:00 a 14:15 horas.
Ed Primaria e ESO de 9:00 a 14:30 horas.
ESO: mércores de 16.30 a 18:10 horas.

Instalacións

Uniformidade

Os alumnos deberán estar en posesión obrigatoriamente de:

  • Chándal diario, mandilón e polo de manga curta regulamentarios, polo de manga longa (opcional), pantalón curto (optativo).

Esta uniformidade adquirirase en:
Corte Inglés – Vigo

Libraría

Os alumnos/as que o desexen poden adquirir os libros de texto na libraría de Colexio. No seu caso, o importe poderá aboarse fraccionado.

Enfoque pedagóxico Reggio Emilia

Paula Lima e Eva Alonso, profesoras de Ed. Infantil estiveron formándose e observando como se traballa nas escolas da rexión italiana Reggio Emilia, en novembro de 2017, como parte do Proxecto Erasmus+  KA101, de Educación escolar, formación de profesorado – proxecto: “2017-1-ES01-KA101-037459 Camiño a Finlandia: segunda etapa”, que o Colegio Losada desenvolveu durante o curso 2017-2018.

Con esta estancia iniciouse a súa formación sobre este enfoque educativo, recoñecido mundialmente como unha das mellores propostas para a primeira infancia, ata tal punto que a Escola de Educación de Harvard estúdaa como modelo de grupos de aprendizaxe.

No curso 2018-19, dúas profesoras desta etapa visitaron de novo, en outubro, outra escola en Reggio Emilia, Italia, para seguir aprendendo in situ, sobre esta renombrada pedagoxía e establecer relacións internacionais e intercambio de boas prácticas. Esta formación está incluida no marco do Proxecto Erasmus+ de educación escolar: “2018-1-ES01-KA101-047964 Camiño a Finlandia: terceira etapa”.

Que é o enfoque educativo Reggio Emilia?

Loris Malaguzzi, maestro e pedagogo, foi o precursor e inspirador da metodoloxía educativa das escolas de Reggio Emilia, Italia, dedicando toda a súa vida á construcción dunha experiencia de calidade educativa na que se escoitaba, se respetaba e se consideraban as cualidades dos nenos e nenas.

As escolas que optan por este enfoque buscan a aprendizaxe facendo fincapé nas  certezas e curiosidades do neno, a través dunha relación estreita profesor-alumno que se da nun entorno de confianza entre ambos.

A aprendizaje baséase en adquirir experiencias, polo que é importante que os nenos se sintan motivados a trabajar en grupo para resolver problemas, xogar sós ou compartir xogos en grupos.

Reggio Emilia concibe ao neno como potencialmente preparado, curioso e interesado para construir a súa aprendizaxe, utilizando o que o entorno lle ofrece na súa interacción social. Dende o punto de vista metodolóxico, desenvolve o intelecto do neno a través da expresión simbólica, estimulándoo a explorar o seu su medio ambiente e a utilizar as súas mil lenguaxes: palabra, movemento, debuxo, pintura, construcción, teatro de sombras, drama, música, escultura. De igual maneira, respeta o ritmo de cada neno, sin apresuralos a cambiar de actividade.

O obxectivo principal é facer unha escola bonita onde os nenos, as familias e os profesores consideran que o obxectivo da educación no é producir a aprendizaxe, senon producir as condicións de aprendizaxe.

Camiño a Finlandia: Terceira Etapa →

Resultado dos estudos

Os pais estarán informados da evolución académica dos seus fillos/as a través dos boletíns trimestais.

Clases co profesor nativo

Durante a maior parte do curso escolar, todos os alumnos de E. Infantil recibirán unha sesión de clase semanal en inglés, dentro do proxecto plurilingüe do Centro, a cargo dun profesor nativo cualificado.

Actividades complementarias

Ao longo de curso, dentro do horario lectivo, os alumnos/as disfrutarán dunha ampla serie de actividades que complementarán a súa formación integral: visitas, culturais, charlas, audicións musicais, obradoiros, excursións…

Actividades extraescolares

A principio de curso o Centro ofrecerá aos alumnos/as unha ampla oferta de actividades formativas e deportivas, que se desenvolverán polas tardes.

Seguro escolar

Os alumnos/as disporán dun seguro que permite atender os posibles accidentes que poidan sufrir os alumnos no Colexio, practicando deporte, en visitas escolares, excursións…Así mesmo, contarán cun seguro de responsabilidade civil.

Aula de apoio

O Colexio dispón dun gabinete a cargo de especialistas para aqueles alumnos/as con certas dificultades de aprendizaxe e de audición e linguaxe, a fin de recuperalos e procurar a súa normal integración no seu curso. Estas clases impártense en horario lectivo.

Gabinete de orientación

O Centro dispón dun Psicólogo para axudar ós alumnos/as con problemas actitudinais ou de aprendizaxe, na mellora do seu rendemento escolar a través de técnicas de estudo e para orientar o futuro académico e profesional dos que rematan os seus estudos.

Órganos de participación

  • Consello Escolar (elexido cada dous anos)
  • Asociación de de Pais de alumnos (ANPA), elexida cada dous anos.
  • Delegados de curso (alumnos/as), elixidos cada curso escolar.

Relación pais-profesores

As entrevistas entre Profesores e pais terán lugar habitualmente os mércores pola tarde, en horario que se comunicará oportunamente. Estas concertaranse a través dos impresos que se facilitarán a principio de curso. A comezo de curso haberá unha reunión informativa con todos os pais a nivel de aula.

Atención ao público

A Dirección e Secretaría do Centro atenderán ao público en xeral no seguinte horario:

  • Mañás: De 9:00 a 13:30
  • Tardes: De 16:20 a 18:00 (mércores)

Rúa Baixada ao Capitán, 31-37
36214, Vigo

cpr.losada@edu.xunta.es

986 266 427 – 986 253 248

986 272 229

Horario

De luns a venres:
Ed. Infantil de 9:00 a 14:15 horas.
Ed Primaria e ESO de 9:00 a 14:30 horas.
ESO: mércores de 16.30 a 18:10 horas.

Centro plurilingüe

Galego, español, inglés

Niveis de ensino

Educación Infantil, Ensino Primario, Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.), Educación Especial

Máis información

Back To Top