
O Colexio Losada no Encontro Internacional Jules Verne
O Colexio Losada tivo a honra de participar no Encontro Internacional Julio Verne que se celebrou entre os días 15 e 17 de febreiro en Vigo. Dentro do programa, que contaba cun cartel de relatores de carácter nacional e internacional, a nosa directora Clara Liz presentou o proxecto europeo Jules Verne que estamos a realizar en colaboración co colexio francés Lycée Polyvalent Nicolas Appert – Orvault de Nantes.
Despois de participar en diferentes programas europeos como Camino a Finlandia e aproveitando o 140 aniversario do primeiro viaxe de Jules Verne a Vigo e o 150 aniversario da visita do Nautilus de 20000 leguas de viaje submarino, con este proxecto cofinanciado polo Programa Erasmus+ da Unión Europea que presentamos neste Encontro Internacional, queremos trasladar ás aulas o interese pola ciencia, a tecnoloxía e a exploración do mundo que nos rodea inspirado en Jules Verne.
“Todo lo que uno puede imaginar, otros pueden hacerlo realidad” Jules Verne