eTwinning: creando lazos en Europa
O alumnado de 1º da ESO do Colexio Losada participou este curso, dentro da materia de Inglés, no proxecto eTwinning “Seeing with the Heart – Learning for Life”, inspirado en The Little Prince.
A través deste proxecto internacional, o noso alumnado traballou xunto con estudantes doutros países europeos en actividades colaborativas centradas en valores como a amizade, a empatía, a cooperación e o respecto por outras culturas e polo medio ambiente.
Un dos momentos máis especiais do proxecto foron as sesións de intercambio online, auténticas pontes de amizade en Europa, nas que o alumnado puido comunicarse en inglés, compartir tradicións, presentar actividades e coñecer como viven e aprenden estudantes doutros países.
Durante estas videoconferencias, os nosos alumnos colaboraron con centros educativos de:
- Portugal: Escola Secundária de Rocha Peixoto
- Grecia: ENEEGYL Verias
- Grecia: E.E.E.EK. Achaias
- Rusia: OŠ ‘Petar Leković’
- Italia: IC ‘Martin Luther King’
Unha experiencia enriquecedora que permitiu ao noso alumnado utilizar o inglés en contextos reais, abrirse ao mundo e crear vínculos que van máis alá das fronteiras.








