Excursión de fin de curso dos valentes alumnos de 3º y 4º de ESO
O xoves día 8 de xuño o alumnado de 3º e 4º ESO desprazouse á localidade portuguesa de Vila Real para disfrutar, nas instalacións de Naturwater Park, dunha xornada fantástica de actividades e convivencia.
A tirolina e, especialmente, o parque acuático fixeron as delicias do noso alumnado nun marco de relaxación, diversión e estupenda camaradería despois do duro traballo realizado ó longo do curso.



