Exposición do proxecto “A industria conserveira en Galicia”
Ao longo desta semana un grupo de alumnos e alumnas da ESO presentaron o proxecto da industria conserveira en Galicia a todas as clases de primaria e secundaria.
Foi un proxecto no que traballaron todo o ano en asignaturas como bioloxía e xeoloxía, física e química, xeografía e historia e proxecto competencial.
Cada clase desenvolveu distintos temas relacionados coa industria conserveira coma a historia das primeiras fábricas que se instalaron en Galicia, os distintos métodos e procesos de conservación de alimentos que houbo ao longo do tempo, a trazabilidade dunha lata de atún, o estudio dos átomos e moléculas que podemos encontrar nunha lata de conserva así como as especies de peixes, bivalvos e cefalópodos máis utilizados, tamén fixeron o estudio nutricional dunha lata e elaboraron receitas con elas.
Ademáis realizaron actividades coma unha campaña de doazón de latas ao banco de alimentos de Vigo en Nadal, visitas a lugares de interese como as Salinas de Ulló, o museo Massó, Anfaco e mesmo á fábrica de conservas Albo en Salvaterra de Miño e charlas de expertos.
A exposición conta tamén cun video onde se tratan os problemas actuais desta industria e as solucións de cara ao futuro e por último todos pasaron ao salón de actos e participaron nuns xogos interactivos moi divertidos creados por eles e adaptados a cada etapa.
Participar neste proxecto sobre a industria conserveira en Galicia foi unha experiencia moi enriquecedora que contribuiu significativamente ao desenvolvemento educativo e persoal do alumnado. Foméntase así unha comprensión ampla da realidade económica e cultural da nosa rexión, promóvese o aprendizaxe interdisciplinar e o desenvolvemento de habilidades críticas sensibilizando ao alumnado sobre os desafíos ambientais e a innovación, e potenciando o orgullo e a identidade cultural. Todo isto axuda a preparar aos alumnos e alumnas para ser cidadáns informados e activos no seu entorno local e global.