skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Fondo Solidario De Libros De Texto E Axudas Para A Adquisición De Libros De Texto E Material Escolar CURSO 23/24

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar CURSO 23/24

Prazo de presentación

Del 20 de maio ao 21 de xuño

Documentación

Fondo solidario libros de texto e material escolar

Podrán solicitalo os alumnos/as de 3º e 5º  de Primaria e 1º e 3º ESO.

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Podrán solicitalo os alumnos/as de 3º e 5º de Primaria e 1º e 3º ESO.

Presentación de solicitudes

O alumnado que o desexe poderá pedir a solicitude (anexos I e II) na Secretaría do Colexio e entregarlos coa documentación correspondiente. Tamén poderán presentarse por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación FONDOLIBROS ou a través  da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA.

PRAZO PRESENTACIÓN
Do 20 de maio ao 21 de xuño

IMPORTANTE
Obrigatorio acercar fotocopia da documentación.

Documentación a presentar

ANEXO I debidamente cuberto.
a) Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.
b) Copia do libro de familia, onde figuren o alumno/a e os demáis membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
c) Certificado de discapacidade do alumno/a ou calquera membro da familia, se fose o caso, non expedido pola Administración autonómica.
d) Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE.
– Para a declaración do imposto sobre as persoas físicas ou, a falta deste, o certificado de tributación de imputacións do exercicio 2020 será necesario o consentimento expreso. No caso de non autorizar a consulta deberán achegar os documentos xustificativos. Sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e base impoñible de aforro (recadro 460).

¿Tes algunha dúbida ou pregunta?

Back To Top