Formación do profesorado. Aprendizaxe por observación (Job shadowing)
Do 15 ao 19 de abril de 2024 e co obxectivo de coñecer a metodoloxía de traballo e a experiencia da “Escola sen mochila” na educación primaria, as profesoras Ángeles González Márquez (Titora de 2ou EP e profesora de matemáticas) e Marta González Varela (Profesora de Ed. Especial) desprazáronse á Escola Integral situada na localidade de Busca, Cuneo, no noroeste de Italia.
Neste proxecto Erasmus 2022-1-ES01-KA121-000068144, cofinanciado polo programa Erasmus + da Unión Europea, participaron en actividades de aprendizaxe por observación (job shadowing) relacionadas coa devandita metodoloxía que implementa un modelo pedagóxico diferente ao tradicional.
As profesoras profundaron no coñecemento dunha estratexia de ensino na que simbólicamente, quitarse a mochila significa crear un método innovador para construír ambientes belos e amigables ademais de respectar a diversidade, facendo que cada un fágase responsable dos seus talentos e dos dos demais. Significa promover a orixinalidade e as aspiracións de cada persoa no proceso de crecemento e aprendizaxe. Pero tamén creando unha verdadeira comunidade
Resultou unha experiencia fascinante a nivel de coñecemento e desenvolvemento desta metodoloxía que, sen dúbida, repercutirá na constante intención de mellora e innovación das nosas estratexias de aprendizaxe.
