Formación do profesorado. Aprendizaxe por observación (Job shadowing)
Do 27 ao 29 de novembro de 2023 e co obxectivo de continuar coa progresiva implantación, no ciclo de Educación Infantil, do enfoque pedagóxico Reggio Emilia, as profesoras Clara E. Liz Losada (Directora pedagóxica) e Paula Lima García (Coordinadora de Ed. Infantil) desprazáronse ao Colexio Infantil Cubo Máxico situado na localidade de Leiría, no centro de Portugal.
Neste proxecto Erasmus 2020-1-ES01-KA121-000068144, cofinanciado polo programa Erasmus + da Unión Europea, participaron en actividades de aprendizaxe por observación (job shadowing) relacionadas coa devandita metodoloxía innovadora.
As profesoras profundaron no coñecemento dunha estratexia de ensino na que o alumnado pode aprender en por si, a través da observación e curiosidade natural e, desta forma, desenvolver a súa creatividade. Con esta finalidade o coidado da contorna, a distribución do espazo na aula e os materiais resultan moi importantes.
Resultou unha experiencia moi enriquecedora a nivel de coñecemento e desenvolvemento desta metodoloxía que, sen dúbida, repercutirá na mellora e innovación das nosas estratexias de aprendizaxe.
Resultó una experiencia muy enriquecedora a nivel de conocimiento y desarrollo de esta metodología que, sin duda, repercutirá en la mejora e innovación de nuestras estrategias de aprendizaje.







