Skip to content

Formarnos para coidar: o noso equipo docente xa sabe usar o DESA

O noso equipo de profesores completou unha formación en Soporte Vital Básico (SVB) e manexo do DESA (Desfibrilador Externo Semiautomático), da man de Óscar Graña de Forgasal Formación.

Porque no centro non só formamos persoas, tamén nos formamos para coidalas. Saber actuar nos primeiros minutos ante unha emergencia pode marcar a diferenza entre a vida e a morte.

Grazas a Forgasal por compartir o seu coñecemento e experiencia co noso equipo.

Back To Top