
Gala dos Premios Dígocho Eu
Non puido ser!
Unha mágoa porque non puidemos obter ningún dos 3 premios.
Quedámonos coa experiencia marabillosa, fumos finalistas entre máis de 100 colexios, vivimos como é un programa en directo pola TVG, gravaron un vídeo que tivo máis de 100.000 reproducións nas redes sociais, coñeceron e pasaron un día con Esther Estévez da TVG, saíron no Faro de Vigo, e tiveron a ilusión de que podiamos gañar porque para moitas persoas era o vídeo con máis humor de todos os finalistas… pero sobre todo aprenderon e falaron GALEGO. Para nós, os campións/oas.
SON MÁIS GALEGOS QUE AS TANXUGUEIRAS FACENDO ENCAIXE DE CAMARIÑAS.
Feliz Día das Letras Galegas.