skip to Main Content
LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24/25 + INFO
Nova Formación De Job Shadowing Sobre STEM En Bélxica

Nova formación de Job Shadowing sobre STEM en Bélxica

A ciencia é un área fundamental na educación, sobre todo neste momento de cambios tan importantes que estamos vivindo. É por iso que en Colexio Losada realizamos un continuo esforzo por aprender novas metodoloxías pedagóxicas e coñecer como é a educación en outros países a través do método de observación  job shadowing.

Dentro deste marco, as nosas profesoras do departamento de ciencias na ESO, María Jesús Molares e Tamara González, viaxaron ata o colexio Sint-Ursula-instituut Lier (en Bélxica) para realizar un “job shadowing” sobre STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Inxeniería e Matemáticas). Unha forma novedosa para aplicar coñecementos neste área. Como xa comentamos en artículos anteriores, o “job shadowing” consiste en observar a metodoloxía de ensinanza noutros centros internacionais para descubrir puntos fortes e valores positivos que posteriormente podríanse adaptar ás nosas clases.

Esta formación forma parte do Proxecto Erasmus + Camiño a Finlandia: 3ª etapa, un programa formativo cofinanciado por o programa Erasmus+ da Unión Europea. Unha gran experiencia que continuaremos facendo noutros países próximamente!

Back To Top