skip to Main Content
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 24/25 + INFO
Varias Profesoras Realizan Un Job Shadowing En Reggio Emilia (Italia)

Varias profesoras realizan un Job Shadowing en Reggio Emilia (Italia)

Os nosos profesores están sempre buscando novas metodoloxías educativas e coñecemos  para incorporar ás súas clases. Esta vez, Paula Lima e Eva Alonso, profesoras de Educación Infantil, viaxaron a Reggio Emilia, en Italia, para continuar a súa formación, xa iniciada en 2018, realizando “job shadowing”.

Do 14 ao 18 de octubre, en colaboración con dúas escolas en Reggio Emilia, utilizaron este prestixioso enfoque educativo para formarse. Literalmente, “job shadowing” significa observación de traballo e, como o seu nome indica, trátase dunha observación directa das clases que imparten outros docentes nas que poden ver en primeira persoa como é alí a educación, que técnicas se empregan e como aprenden os alumnos así como os temas que tratan e actividades que realizan os estudantes. Con todo iso, conséguese ver máis aló das nosas fronteras, aprender novos valores e sacar conclusións sobre que cambiar ou mellorar nas propias clases en Colexio Losada.

Esta formación, cofinanciada polo programa Erasmus+ da Unión Europea, ata agora permitiunos realizar experiencias coma esta nun clima internacional de cooperación entre centros.

Sen dúbida, catro días de aprendizaxe dos que sacaron moitos novos coñecementos que poderemos incorporar ás nosas aulas.

 

Back To Top